A REDE QUE CONECTA O COMERCIO LOCAL, DA TÚA MAN

Acerca de Move

Que é Move?

Move é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e dos concellos adheridos para crear unha rede de comercio local na provincia, onde as persoas comerciantes e hostaleiros estreiten vínculos con produtores e provedores locais.

Trátase dunha xanela para darse a coñecer, para compartir e para establecer relacións comerciais e novas oportunidades de negocio. Terás a posibilidade de contar a historia do teu negocio.

É a plataforma en liña que a Deputación de Pontevedra pon á túa disposición dentro do proxecto “Da túa man”. Unha iniciativa para:

  • Revitalizar a económica local, xerar oportunidades e fixar poboación no rural.

  • Visibilizar e modernizar o comercio local, os establecementos hostaleiros e os produtores e provedores locais no mundo dixital.

  • Crear vínculos que favorezan a economía circular e o consumo de proximidade e de quilómetro 0.

Iniciativa

Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia

La Diputación de Pontevedra, en línea con el Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), aprobó un plan de reactivación con motivo de la pandemia provocada por la COVID-19 con la finalidad de fortalecer e impulsar la actividad comercial de nuestra provincia y prestar especial atención al producto y comercio locales.

Como parte de este plan de reactivación, se ponen en marcha los proyectos “Da túa man” (rural I y rural II), dirigidos a municipios de menos de 5.000 habitantes de la provincia. Ambos proyectos engloban diferentes actuaciones encaminadas a :

  • Transformación digital.

  • Transformación del punto de venta.

  • Sostenibilidad y economía circular.

  • Suministro y trazabilidad.

  • Sensibilización y formación.

Ver máis
imagen_stats

Deputación

Concellos

+

Comerciantes

Características

O rural é comercio

Fomenta a calidade e a diferenciación


O comercio local reinvéntase cada día para adaptarse aos novos hábitos de consumo. As relacións comerciais que poidas establecer a través de MOVE permitiranche:

  • Ofrecer produtos locais de calidade e diferentes.
  • Aumentar a diversidade de opcións para as personas consumidoras.
  • Conseguir unha maior rendibilidade para o teu negocio.

Entre todos os negocios locais (comercio retallista, establecementos hostaleiros, produtores e provedores locais) fomentaremos e enriqueceremos a oferta local e proporcionaremo aos clientes unha experiencia de compra variada, diferente e emocionante.

Ademais, axudarás á túa provincia e, en concreto, ao teu concello a manter viva a súa cultura e identidade única o que beneficia a toda a veciñanza.

O teu negocio é o que te Move


É hora de darlle o impulso que se merece:

  • Aproveita a visibilidade do mundo dixital.
  • Establece relacións comerciais.
  • Comparte a túa experiencia e a túa historia en novos formatos virais coma o vídeo.
  • Aprende a usar ferramentas dixitais e estratexias comerciais para darte a coñecer.
  • Faite ver na plataforma de comercio Commerce Inside/Da túa man.

Preguntas frecuentes

1. Como podes ser parte de move?

Para adherirte á rede só tes que escribir un correo electrónico a move@cinfo.es e poñerémonos en contacto contigo para informarte sobre como formar parte da Rede de Comercio Local Move da Deputación de Pontevedra.

2. Quen pode adherirse a Move?

Comercios locais e establecementos hostaleiros que desenvolvan a súa actividade nos municipios participantes:

- “Da túa man (rural I)”: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures.

- “Da túa man (rural II)”: A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa.

Produtores e provedores locais que desenvolvan a súa actividade na provincia de Pontevedra.

3. Onde podes obter máis información?

Descargar folleto:
Galego
Castellano

Contacta con nós


Se precisas axuda ou información, non dubides en contactar con nós. Completa os campos indicados e responderemos á túa mensaxe o antes posible.

Protección de datos

Responsable do tratamento Deputación de Pontevedra
Finalidades do tratamento Xestionar a presente actividade e poder levar a cabo todas as actuacións necesarias que, no seu caso, se deriven
Lexitimación para o tratamento Consentimento explícito das persoas interesadas
Destinatarios dos datos Non se prevén
Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revocar o consentimento segundo o previsto en https://www.depo.gal/proteccion-de-datos/exercicio-de-dereitos
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información https://www.depo.gal/proteccion-de-datos
Cargando
Your message has been sent. Thank you!

||